Temos a sorte de que veña Ernesto, un dos socios fundadores da empresa ollobirollo darnos unha charla sobre a planificación do proxecto, creación e evolución da súa empresa.
"Estamos en total desacuerdo con esta afirmación, ya que, es cierto que al aprender conceptos que guardan relación con la lógica se cierran fronteras. Por ejemplo, antes de la teoría de la gravedad de Isaac Newton, a lo mejor había esperanzas de que el ser humano pudiera volar por su “propio pie”..."
Podemos concluir que.... a lóxica impídenos voar? je je. Perdón pola broma. É unha opinión curiosa, e por iso a reflexo aquí.
Corrixindo a actividade 2, vexo que vos limitástedes a copiar e pegar, e tratábase de que o explicasedes coas vosas palabras, que é a mellor forma de comprobar se entendedes o que ledes. Tede en conta que a puntuación das actividades vai ir parella ao esforzo e traballo que nelas invertides.
Estes días, cos exames e con tanta choiva e frío, a imaxe que reflexa o noso estado de ánimo é a deste amiguiñ@. Sorte a todos e todas nos próximos exames, e que o pasedes ben na ponte (fórmula máxica para esta ponte= un pouco de descanso + un pouco de diversión + un bastante de estudo)
Pase o que nos pase na vida, sempre é de grande axuda un sorriso. Dicíao o xenial Charles Chaplin, e tamén Michael Jackson, ademais de moitas outras versións do mesmo tema: