Para comezar, algo para entreternos nas vacacións, este verán que non nos da moito xogo para irmos á plaia. É un enlace para que vos mesmos construades un calendario que ten forma de poliedro: o dodecaedro rómbico, un corpo espacial formado por doce caras, que son rombos, o cal nos permite poñer cada mes do ano nunha cara, e temos un fermoso calendario. É tamen unha interesante introdución ao mundo da papiroflexia ou origami. Ánimo, e se non o fixéstedes na escola, a por él!