viernes, 4 de diciembre de 2009

Corrección actividade 2.

Corrixindo a actividade 2, vexo que vos limitástedes a copiar e pegar, e tratábase de que o explicasedes coas vosas palabras, que é a mellor forma de comprobar se entendedes o que ledes. Tede en conta que a puntuación das actividades vai ir parella ao esforzo e traballo que nelas invertides.

Un pouco de tenrura.

Estes días, cos exames e con tanta choiva e frío, a imaxe que reflexa o noso estado de ánimo é a deste amiguiñ@. Sorte a todos e todas nos próximos exames, e que o pasedes ben na ponte (fórmula máxica para esta ponte= un pouco de descanso + un pouco de diversión + un bastante de estudo)