lunes, 26 de octubre de 2009
ACTIVIDADE 0.
Para comezar a vosa actividade neste blog, deixa un comentario coa tua opinión sobre como levamos a asignatura, e que esperas dela. Deixa o teu nome e grupo. Benvidos tod@s.
ACTIVIDADE 4.
ACTIVIDADE 3.
ACTIVIDADE 2.
Entra na web
e enumera as razóns polas que, segundo esta información, os equipos de traballo poden fracasar.
ACTIVIDADE 1.





Visita a revista "Emprendedores", da que tes un acceso directo na marxe dereita, baixa ao final da pantalla, e atoparás "Planes de negocio". Se accedes, na sección "Establecimientos" ves que se fala da posta en marcha dunha tenda de roupa, e se vas ao final da pantalla tes a opción de acceder a informacións similares relativas a un restaurante, unha panadería, unha peluquería e unha heladería.
O exercicio consiste en que leas as informacións relativas aos cinco tipos de negocios, e que fagas un resumo das principais características de cada un, vantaxes e desvantaxes, investimento, instalacións e persoal necesario, etc.
A continuación elixe o negocio que consideres mais interesante, e indica onde o montarías, localidade e rúa, xustificando a resposta.
Publica a información neste blog, como comentario a esta entrada, co título "Exercicio 1", e co teu nome e apelidos.
jueves, 15 de octubre de 2009
Hipatia

Para os interesados na figura de Hipatia de Alejandría, tan de actualidade pola película de Amenabar, neste enlace podedes atopar distintas opinións sobre a súa figura.
http://www.lavanguardia.es/cultura/noticias/20091015/53805210157/los-expertos-critican-el-protagonismo-de-hipatia-de-alejandria-en-agora-porque-no-quedan-restos-de-s.html
http://www.lavanguardia.es/cultura/noticias/20091015/53805210157/los-expertos-critican-el-protagonismo-de-hipatia-de-alejandria-en-agora-porque-no-quedan-restos-de-s.html
viernes, 18 de septiembre de 2009
Comeza o curso.
O luns que ven comezan as clases. Tanto profesor@s como alumn@s estamos algo nerviosos, esperando as novidades. O importante é comezar con forzas renovadas, e con bos ánimos e ilusión polas novas experiencias que nos tocará vivir.
Tentarei neste curso ir subindo material que vos poda servir para traballar coas mates e sacarlle o maior proveito.
Saúdos e ánimo.
Tentarei neste curso ir subindo material que vos poda servir para traballar coas mates e sacarlle o maior proveito.
Saúdos e ánimo.
lunes, 3 de agosto de 2009
Para as vacacións.
Para comezar, algo para entreternos nas vacacións, este verán que non nos da moito xogo para irmos á plaia. É un enlace para que vos mesmos construades un calendario que ten forma de poliedro: o dodecaedro rómbico, un corpo espacial formado por doce caras, que son rombos, o cal nos permite poñer cada mes do ano nunha cara, e temos un fermoso calendario. É tamen unha interesante introdución ao mundo da papiroflexia ou origami. Ánimo, e se non o fixéstedes na escola, a por él!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


