viernes, 18 de septiembre de 2009

Comeza o curso.

O luns que ven comezan as clases. Tanto profesor@s como alumn@s estamos algo nerviosos, esperando as novidades. O importante é comezar con forzas renovadas, e con bos ánimos e ilusión polas novas experiencias que nos tocará vivir.
Tentarei neste curso ir subindo material que vos poda servir para traballar coas mates e sacarlle o maior proveito.
Saúdos e ánimo.

lunes, 3 de agosto de 2009

Para as vacacións.

Para comezar, algo para entreternos nas vacacións, este verán que non nos da moito xogo para irmos á plaia. É un enlace para que vos mesmos construades un calendario que ten forma de poliedro: o dodecaedro rómbico, un corpo espacial formado por doce caras, que son rombos, o cal nos permite poñer cada mes do ano nunha cara, e temos un fermoso calendario. É tamen unha interesante introdución ao mundo da papiroflexia ou origami. Ánimo, e se non o fixéstedes na escola, a por él!